miércoles, 28 de noviembre de 2012
Oysho segue sorprendendo
Como xa vos ensinei anteriormente, o packaging da tenda de lencería Oysho non perde a súa liña, así que traiovos máis deseños de packaging coas súas prendas:
lunes, 19 de noviembre de 2012
Unha lámpada de deseño
Aquí demóstrase como con pequenos e sinxelos materiais se poden facer grandes proxectos.
Esta lámpada de deseño colócase nas esquinas das paredes e ademáis de ser moi orixinal consegue crear un bonito efecto tanto coa luz acesa como apagada.
Applique Pop-Up, 2011 © Well Well Designers
Photo: Well Well Designers
Fonte: wellwelldesigners
Manual Corporativo Gráfico Simple de Movingirls
Aquí vos deixo o Manual.
A portada do mesmo garda relación co contido da empresa, un ximnasio para mulleres, especializado en preparación para o parto que se reflexa coa silueta dunha muller en estado.
Esta proposta intenta achegar un novo concepto de ximnasio así como toda a imaxe vinculada a creación desta Identidade Corporativa Gráfica.
Espero que vos guste!
Creación dunha empresa ficticia
En este post móstrovos algo do meu portfolio.
Trátase dunha identidade corporativa gráfica creada para unha empresa ficticia, neste caso, un ximnasio especializado para mulleres.
E aquí podedes ver tanto papelería como merchadising.
Material movingirls from MartaMuros
No seguinte post mostrareivos o Manual Corporativo Gráfico ao completo onde detallo qué é Movingirls e qué pretende transmitir.
lunes, 12 de noviembre de 2012
Calcetíns que entran pola vista
Hoxe chamoume a atención o novo packaging dunha liña de calcetíns da tenda de lencería Oysho.
Trátase dunha colección de calcetíns baseada en motivos de animais.
Estes sérvense no punto de venda ao público dunha forma moi atractiva.
Os calcetíns de búhos teñen a súa embalaxe con forma de tronco e os que teñen forma de paxaro, teñena con forma de caseta.
O prezo destes calcetíns oscila entre os 5 e os 10 euros, pero na miña opinión coa pinta de quentes que teñen e con ese packaging tan gracioso ¡mercaríamos!
miércoles, 7 de noviembre de 2012
Faino ti mesmo con Self Packaging
Hoy os enseño una tienda
online que me apasiona. Se trata de un un estudio que crea cajitas preciosas
para todo lo que tú quieras.
Su concepto se parece al
de IKEA, mejor diseño pero...háztelo
tú mismo y…al mejor precio!
Si deseas darle un
obsequio a tus empleados, a tus clientes o para ti mismo/a Self Packaging es lo mejor.
Además montar las cajitas
es facilísimo ya que en su web incluyen videotutoriales del paso a paso.
Os la recomiendo!!Os dejo
un vídeo:
Lápices de queixo parmesano
Supoño que xa coñeceredes
este packaging pero tiña que poñelo.
Aínda que non me guste o
queixo creo que só o compraría por afialo…
Pena de ser tan só unha edición limitada.
Así que polo momento,
toca tirar de raiador!
Pinceis cun toque de humor
A pesar de ser soamente un proxecto dun
estudante canadiense, este traballo ben podería ser unha realidade. O seu
creador, Simon Laliberté consegue
poñer un toque de humor nuns simples pinceis. E todo isto lógrao cun pequeno
trozo de cartón. ¡Todo un logro!
Fonte: Simón Laliberté
Un pouco de tipografía
Descubrín unha artista chamada Alison
Carmichael que realiza traballos baseados na tipografía. Non fai falla nada
máis. Os seus deseños tipográficos conforman un todo. Parécenme traballos
limpos e creativos, a ver qué opinión vos merecen!
Fonte: Alison Carmichael
¿Qué é MOLLarte?
MOLLarte é un blog adicado a temas
relacionados coa publicidade en especial ao packaging. Tamén toca temas como o
deseño e tódalas cousas interesantes que teñan que ver co Do It Yourself.
Comezamos!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



.jpg)
.jpg)






.jpg)
.jpg)
.jpg)









