Como xa vos ensinei anteriormente, o packaging da tenda de lencería Oysho non perde a súa liña, así que traiovos máis deseños de packaging coas súas prendas:
Aquí demóstrase como con pequenos e sinxelos materiais se poden facer grandes proxectos.
Esta lámpada de deseño colócase nas esquinas das paredes e ademáis de ser moi orixinal consegue crear un bonito efecto tanto coa luz acesa como apagada.
A portada do mesmo garda relación co contido da empresa, un ximnasio para mulleres, especializado en preparación para o parto que se reflexa coa silueta dunha muller en estado.
Esta proposta intenta achegar un novo concepto de ximnasio así como toda a imaxe vinculada a creación desta Identidade Corporativa Gráfica.
Estes sérvense no punto de venda ao público dunha forma moi atractiva.
Os calcetíns de búhos teñen a súa embalaxe con forma de tronco e os que teñen forma de paxaro, teñena con forma de caseta.
O prezo destes calcetíns oscila entre os 5 e os 10 euros, pero na miña opinión coa pinta de quentes que teñen e con ese packaging tan gracioso ¡mercaríamos!
A pesar de ser soamente un proxecto dun
estudante canadiense, este traballo ben podería ser unha realidade. O seu
creador, Simon Laliberté consegue
poñer un toque de humor nuns simples pinceis. E todo isto lógrao cun pequeno
trozo de cartón. ¡Todo un logro!
Descubrín unha artista chamada Alison
Carmichael que realiza traballos baseados na tipografía. Non fai falla nada
máis. Os seus deseños tipográficos conforman un todo. Parécenme traballos
limpos e creativos, a ver qué opinión vos merecen!
MOLLarte é un blog adicado a temas
relacionados coa publicidade en especial ao packaging. Tamén toca temas como o
deseño e tódalas cousas interesantes que teñan que ver co Do It Yourself.